5 Abril - A Pombiña

Compañia:

A Pombiña. (Pedroso).

Obra:

"Melocoton en Almibar"

Xenero: Comedia (120 min.)

Autor: Miguel Miura

Direccion: Gonzalo Grandall

Reparto:
SOR MARÍA--------------------------DOLORES PADÍ
N
NURIA----------------------------------BEATRIZ COUCE
DOÑA PILAR----------------------------VICTORIA DÍAZ
SUÁREZ------------------------RAMIRO FERNANDEZ
CARLOS-------------------------GONZALO GRANDAL
FEDEREICO-----------------------CARLOS LOMBAO
COSME (“EL NENE”)---------------PABLO LOMBAO
Sinopse:
Un grupo de atracadores se refugia en un piso alquilado después de atracar una joyería para poder curar el catarro de uno de ellos pero las cosas se complican por la curiosidad de la enfermera, que resulta ser una monja.

27 Marzo Día Mundial do Teatro

Luns 30 de Marzo de 2009 Foto: Luis Polo


Día Mundial del Teatro
Ferrol celebró ayer la conmemoración del Día Mundial del Teatro en el barrio de Caranza, coincidiendo con la escenificación del ciclo "Domingos a escena", que ayer puso sobre el escenario la obra "Fábula". Antes del inicio de la representación, se procedió a la lectura de un manifiesto escrito por el dramaturgo brasileño Augusto Boal.

Dia Mundial do Teatro


Día Mundial do Teatro 2009
Desde 1961, o 27 de Marzo, vén celebrándose o Día Mundial do Teatro, unha iniciativa do Instituto Internacional do Teatro , organismo dependente da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura - UNESCO.
Con este motivo organízanse numerosas manifestacións teatrais en todo o mundo que intentan proporcionar algo máis de vitalidade a este xénero esquecido por moitos.
Pero non pasemos por alto que a celebración máis importante está nas nosas mans: acudir ao teatro, á praza, ao café, alí onde uns personaxes trasládennos a unha historia que non é a súa...
Unha das actividades máis importantes para o Instituto Internacional é a difusión da mensaxe redactada por unha personalidade de dimensión mundial, invitada polo Instituto Internacional do Teatro para compartir as súas reflexións sobre os temas do teatro e a paz entre os pobos. Esta mensaxe lese, ese día, na maioría dos teatros de todo o mundo.
Como cada ano, a estatua dedicada a Don Ramón María del Valle-Inclán, situada no Paseo de Recoletos de Madrid, lucirá a súa clásica bufanda branca.
Nos Domingos a Escena non podiamos ser menos, nós tamén temos o noso Don Ramón particular ao que lle poñeremos a bufanda para que non se nos enfrie e él será o encargado de ler a Mensaxe deste ano.

Este ano, a tradicional mensaxe foi encargado ao dramaturgo, escritor e director de teatro brasileiro Augusto Boal.
Augusto Boal, foi quen desenvolveu o “Teatro do Oprimido”, método e formulación teórica dun teatro democrático, do pobo.
O pasado 2008, Augusto Boal, foi Candidato ao Premio Nobel da Paz. Exiliado en Estados Unidos en 1953, para volver a Brasil dous anos despois onde asume a dirección artística do Teatro de Area de Sãou Paulo.



Este é a súa mensaxe:


Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2009



Todas as sociedades humanas son espectaculares na súa vida cotiá e producen espectáculos en momentos especiais. Son espectaculares como forma de organización social e producen espectáculos como este que vostedes viñeron a ver.

Aínda que inconscientemente, as relacións humanas estrutúranse de forma teatral: o uso do espazo, a linguaxe do corpo, a elección das palabras e a modulación das voces, a confrontación de ideas e paixóns, todo o que facemos no escenario facémolo sempre nas nosas vidas: ¡nós somos teatro!.
Non só as vodas e os funerais son espectáculos, tamén os rituais cotiáns que, pola súa familiaridade, non nos chegan á consciencia. Non só pompas, senón tamén o café da mañá e os bos días, os tímidos namoramentos, os grandes conflitos pasionais, unha sesión do Senado ou unha reunión diplomática; todo é teatro.
Unha das principais funcións da nosa arte é facer conscientes eses espectáculos da vida diaria onde os actores son os propios espectadores e o escenario é a platea e a platea, escenario. Somos todos artistas: facendo teatro, aprendemos a ver aquilo que resalta aos ollos, pero que somos incapaces de ver ao estar tan habituados a miralo. O que nos é familiar convértese en invisible: facer teatro, ao contrario, ilumina o escenario da nosa vida cotiá.
En setembro do ano pasado fomos sorprendidos por unha revelación teatral: nós pensabamos que viviamos nun mundo seguro, a pesar das guerras, xenocidios, hecatombes e torturas que estaban acaecendo, si, pero lonxe de nós, en países distantes e salvaxes. Nós que viviamos seguros co noso diñeiro gardado nun banco respectable ou nas mans dun honesto corredor de Bolsa, fomos informados de que ese diñeiro non existía, era virtual, fea ficción dalgúns economistas que non eran ficción, nin eran seguros, nin respectables. Non pasaba de ser mal teatro con triste enredo, onde poucos gañaban moito e moitos perdían todo. Políticos dos países ricos encerrábanse en reunións secretas e de aí saían con solucións máxicas. Nós, as vítimas das súas decisións, continuabamos de espectadores sentados na última fila das bancadas.
Vinte anos atrás, eu dirixín “Fedra” de Racine, en Río de Janeiro. O escenario era pobre: no chan, peles de vaca, ao redor, bambús. Antes de comezar o espectáculo, dicíalles aos meus actores: "Agora acaba a ficción que facemos no día a día. Cando crucemos eses bambús, alá no escenario, ningún de vós ten o dereito de mentir. O Teatro é a Verdade Escondida." Vendo o mundo, ademais das aparencias, vemos a opresores e oprimidos en todas as sociedades, etnias, xéneros, clases e castes, vemos o mundo inxusto e cruel. Temos a obrigación de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible. Pero nos incumbe a nós o construílo coas nosas mans entrando en escena, no escenario e na vida.


Asistan ao espectáculo que vai comezar; despois, nas súas casas cos seus amigos, fagan as súas obras vostedes mesmos e vexan o que xamais puideron ver: aquilo que salta aos nosos ollos. O teatro non pode ser soamente un evento, ¡é forma de vida!
Actores somos todos nós, o cidadán non é aquel que vive en sociedade: ¡é aquel que a transforma!.


Augusto Boal

29 Marzo - Teatro CPI de Touro



Compañia:

Teatro do CPI de Touro. (Santiago).

Obra:
“Fabula”

Xenero:

Autor: Aula de teatro de Touro

Direccion: Aula de teatro do CPI de Touro

Reparto:
Natalia Tato Arias.
Sheila Iglesias Bragaña.
Jéssica Fernández Mosquera.
Sandra Fernández Méndez.
Arancha Fernández Mosquera.
Tamara Mecías Castro.
Irene Vaamonde Bendaña.
Iria Fernández Gil.
Fátima Mecías Castro.
Noelia Castro Fernández.
Carlos Barreiro Iglesias.
Ana Ferro Calvo.
Sara Hermida Rodríguez.
Lucía Castro Pena.
Equipo Técnico: Luz e son:
Carlos Barreiro Iglesias. Ana Ferro Calvo. Iria Fernández Gil. Noelia Castro Fernández.

Sinopse:
Espectáculo interactivo conformado por nove escenas independentes onde a hilaridade, o imprevisto e a reflexión acompañarán ao receptor. O complexo mundo das relacións sentimentais na adolescencia; os conflitos lingüísticos do século XXI entre a mocidade; a complexidade das relacións das actuais nais e pais coas súas fillas e fillos; a falta de solidariedade; as relacións por interese; as apariencias dentro desta sociedade consumista… son os eixos temáticos sobre os que se vertebra esta peza teatral pensada por e para alumn@s e público da actualidade.Un colorido mar de sensacións ateigado de harmonía, tenrura e fantasía invadirá os magoados corazóns dos protagonistas e será o anuncio da existencia doutros paraísos cargados de colorido fóra do ambiente polo que deambulan.

22 Marzo - O Bordelo

Compañia:
O Bordelo. (Cervo-Lugo).
Obra:

"R.I.P. Marandaina"

Xenero: Comedia (90 min.)

Autor: Francisco Piñeiro

Direccion: Francisco Piñeiro

Reparto:

Filomena ................Dolores Viamaonte Rey
Doctora....................Mª Paz Rodríguez Silva
Reporteiro..........Antonio González- Patoso
Marcial.............................Xosé Vicente Mon
Casiano........Xosé Manuel González- Copa
Prudencio................Francisco Piñeiro Glez.
Sinopse:
Marandaina 500mg é un medicamento para reducir a febre do desequilibrio territorial que provoca un aumento irracional dalgunhas poboacións nas que a elevada hipertensión social xa provoca colapsos circulatorios, brotes endémicos de intolerancia e artrose comunicativa propia das selvas asfálticas.
R.I.P Marandaina 500mg está indicada para:
Recuperar Integramente os Pobos, especialmente o inmaterial.
-Respecto da Industria pola Paisaxe, facendo posible a simbiose.
-Recuperación Integral da Política para acadar credibilidade
-Reforma Interior das Personas intolerantes e incívicas.

15 Marzo - Amigos da Farandula

Compañia:

Amigos da Farandula. (Valdoviño).

Obra:
"O Chufón"


XENERO: Comedia


Autor: Xesús Rodríguez López


Direccion: Lucia Caneiro

Reparto:
Francisco Guerreiro....Chufón
Feli López.....Sabela
Carmen Taboada......Tío Mingos
Marina Hermida......Carmela
Emilio Fernandez......D. Camilo
Tere Taboada....Ramón
Conchi Garcia.....Mª. Antonia
Noemi Mendez.......Manuel
Chus Seijo.....Antón
Mª. Elisa Bouza.......Miguel
Sinopse:
Trátase dunha familia de labregos entrada xa en anos,vinculeiros que teñen unha afillada ao seu cargo en idade casadeira. Estes queren casala por medio de contrato matrimonial; pero a afillada non está pola labor.

8 Marzo - Falcatrueiros


Compañia:

"A. C. Falcatrueiros", (Monterroso)

Obra:

"Morte no garaxe"
(NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS)
Autor: Adaptacion libre da pelicula, "Reservoir dogs"

Direccion: Jouse Garcia.

Reparto:

Noá Mourelle …………....… Joan Cabot
Noel Ferreiro ………....…... Eddie‘O Amable’
María Pardo Rodríguez…..... Madame Branco
Isabel Sánchez……...….….. Madame Rosa
Alba Vázquez…….....……… Madame Laranxa
Verónica Pardo Fernández….Madame Rubio
Elda Cereijido ………..……. Madame Marrón
Helena López ……..…………Madame Azul
Paco Diéguez ……………………. Poli


Sinopse:
Seis mulleres, ladroas profesionais son contratadas por Joan Cabot e o seu fillo Eddie para un traballo. Elas non se coñecen entre sí e mantéñense no anonimato, agochadas baixo nome de cores: Madame Rosa, Madame Blanco, Madame Laranxa, Madame Marrón, Madame Azul e Madame Rubio. Preparan minuciosamente o roubo a unha xoiería, pero a policía aparece de súpeto no momento do atraco converténdoo nunha masacre. Todo fai sospeitar que hai unha traidora infiltrada. Reunidas a porta pechada nun vello almacén abandonado, as superviventes enfróntanse entre si tentando descubrir quén as conduciu a esta situación límite.