5 Decembro - Bradomin Teatro

OBRA: “Las bodas de Figaro”
XENERO: Comedia
AUTOR: Arreglos a adaptación de Gustavo G. Dieste
DIRECCIÓN: Gustavo G. Dieste
DURACION: 115 min.
GRUPO: Bradomin Teatro, (A Pobra do Caramiñal)
REPARTO:
FIGARO..............................Balbi Hermo
SUSANITA..........................Balbi Dieguez
DR. ANTON........................Manuel Paisal
MARCELINA, PERICO........Milagros Vazquez
QUERUBIN.................Mª. Carmen Barreiro
CONDE ALMAVIVA..................Marilo Rios
BASILIO, XUIZ...................Aurora Sobrido
CONDESA ALMAVIVA.............Pitusa Suarez
Sinopse:
Figaro o axudante do conde Almaviva, pretende casar con Susanita criada persoal da condesa. Pero non sabe todavia que o Conde pretende a Susanita, pero so carnalmente.
Entrementres a pobre Condesa Almaviva desexaria que o conde a pretendese de novo.
Marcelina pretende a Figaro pero garda na recamara ao Doutor que no pretende mais que afastar o mais lonxe posible a Marcelina.
Querubin pretende a condesa... e a calquera muller que se lle poña a vista.
Perico en Antón pouco pretenden mais que facer o seu traballo.
E Basilio, o profesor de canto, pretende a alguen pero... para que pretender contalo todo agora?.
Donas e cabaleiros, sexan vostedes convidados a esta voda... se é que se celebra.

28 Novembro - Candelexas



OBRA: “Faladoiro no banco”
XENERO: Comedia
AUTOR: Victor Vez

DIRECCIÓN: Victor Vez
DURACION: 60 min.
GRUPO: Candelexas Teatro, (Noia)

REPARTO:
XANCIÑO Víctor Vez
RUPERTA Puri Fernández.
DOMITILA Lucía Vázquez
FARRUCO Iago A. Vez
MINIA Antía A. Vez
MONXA Puri Vez
SEÑORA PACA Rosa María Hermo
BASTIÁN Víctor Vez
ESPERANZA Puri Vez
MATEO Iago A. Vez
OLALLA Antía A. Vez
ANA Mariló Vélez
TERESA Gabriela Marínez
MATÍAS Víctor Vez
MERCEDES Lucía Vázquez
ENGRACIA Rosa María Hermo
FILOMENA Puri Fernández

VOZ do BANCO Chiki Durán


Sinopse:
Como nas dúas anteriores montaxes desta triloxía a acción ten lugar nun parque , onde un banco conta as historias que ocorren sobre del a través dun moinante: Xanciño co que ten a rara habilidade de comunicarse
Neste caso, unha monxa ingresa Xanciño nunha institución benéfica , o seu lugar no parque ocúpao unha vidente (Ruperta “a que todo o acerta”) que monta alí o seu “negocio”. Pola súa “consulta” van pasando os mais variopintos personaxes:
Una indixente que ven reclamar a débeda que Ruperta ten con ela polo aluguer dos seus fillos para pedir esmola.
Unha vella xorda con moita retranca que termina por poñer en evidencia as escasas habilidades adiviñadoras da suposta pitonisa.
Un pailán, procedente do “mais profundo das castelas” que fai unha consulta sobre súa paternidade. Ruperta “aplicase a fondo” para desplumar ao pailán.
Unha institutriz cos seus dous “pupilos”, dous “anxiños” de armas tomar.
Ao cabo a pitonisa pecha a “xornada laboral”, pero novos personaxes dan vida a mais historias: dúas mulleres cítanse no parque para falar das súas respectivas infidelidades conxugais, un “solteirón” tenta, sen éxito ligar con elas.
Tres mulleres acoden ao parque en procura do “solteirón” pero antes de que este chegue manteñen unha divertida conversa cargada de ironía e indirectas. Unha delas quedará ao final co solteirón, pero…… cal?.


21 Novembro - O Bordelo

OBRA: “O espello do prestamista”
XENERO: Comedia
AUTOR: Francisco Piñeiro Gonzalez
DIRECCIÓN: Francisco Piñeiro Gonzalez
DURACION: 90 min.

GRUPO: Teatro O Bordelo, (Cervo, Lugo)

REPARTO:
Marcelina…..…......... Dolores Viamonte Rey
Lanceiro…................…… Xosé Vicente Mon
Flor………..……..María Paz Rodríguez Silva
Prestamista…. Xosé Manuel González-Copa
Venerando…....… Antonio González- Patoso
Miliano…….….. Francisco Piñeiro González


Sinopse:
Gotiñas de retranca e filosofía galega que xa veñen de volta dos ríos da historia enchoupadas de recordos dos castelos ou das tráxicas historias da emigración que queiramos ou non, desembocan neste mar turbulento actual onde os sentimentos afogan e nos facemos escravos do gran capital.Cambiamos de muiñeiro pero seguimos tendo patróns e o carto vai e o carto vén pero canto máis se vai menos se ten.


14 Novembro - Bartoleta Teatro

OBRA: "Mackie, o Navallas”
XENERO: Traxicomedia
AUTOR: Roberto Vidal Bolaño
DIRECCIÓN: Helga Méndez
DURACION: 90 min.
GRUPO: Bartoleta Teatro, (Ferrol)

Reparto:
Elisardo de la Cruz,
Espe Vidal,
Fer Ocampo,
Marta Sixto,
Lorena Calaza,
Helga Méndez,
Encarna Prieto,
Moncho Pantín,
Olga Fra,
Xabier Anidos,
María Martínez,
Mario Cibeira
Sinopse.
Mackie, un ladrón de pouca monta, convírtese no Sr Beckett: ascende ata as máis altas escalas sociais e económicas a través da chantaxe, o asasinato e a alianza coas altas esferas. Unha historia sobre a avaricia e a corrupción dos poderosos.

7 Novembro - EMT Laxe

OBRA: “Rutinas”
XENERO: Comedia
AUTOR: Folerpas Teatro
DIRECCIÓN: Afonso Garcia
DURACION: 60 min.
GRUPO: Escola Municipal de Teatro de Laxe, (Laxe)

Reparto:
1. Aitor de la Fuente Rodríguez. / 2. Víctor Toja Montáns. / 3. Allyson Franco Prado. / 4. Cristina Sacedón Costa. / 5. Antía Sacedón Costa. / 6. Andrea Toja Gegúndez. / 7. Lucía Carracedo Rivera. / 8. Noelia Cousillas Devesa. / 9. Cecilia Mato del Pozo. / 10. Nuria Lema Mira. / 11. Andrea Toja Gegúndez. / 12. Susana Viña Vide. /13. Eva Allo Fuentes. / 14. María del Carmen Castro Senande. / 15. Juan Mouzo Pose. Camp Nou. / 16. Ana Ramos Lavandeira. / 17. Marisa Vigo Candal / 18. Walter Gustavo Banato. 19. Soledad Lema Lema. / 20. Pablo Ordóñez Santos. / 21. Cristina de la Fuente Río. / 22. María Sacedón Cundíns.

Sinopse.
A través do xogo e dun traballo de corpo xorde RUTINAS un fiel retrato da cotidianidade na que se insire a vida da maioría das persoas que nos rodean.
As personaxes que habitan nestas historias son soñadoras, comprensivas, divertidas, cariñosas, sensibles, espontáneas, teimudas por momentos… pero dentro dunha realidade que as abafa e que lles impide desfrutar plenamente. Vidas incapaces de sorprenderse, de inventar, de crear un novo mundo debido á presión que a sociedade exerce sobre elas. Neste universo hostil comparten ledicias, mágoas, dificultades… para tentar humanizar o seu contorno.