Premio do Publico DAE XI

Dende DAE queremos facer pubrica, unha carta aberta de un dos directores, dun grupo que pasou por "Domingos a Escena".



Domingos a Escena

Paraninfo do teatro afeccionado

Francisco Piñeiro González



Caranza, o Paraninfo do teatro afeccionado galego volveu a falar. Digo Paraninfo, con maiúscula, e digo ben porque nas súas orixes, onde se atopan as verbas sen reviravoltas, paraninfo significa Padriño. Sobran uns segundos de reflexión para decatarnos que nos tempos de hoxe non quedan padriños capaces de aturar vienteoito domingos do ano a outros tantos afillados esparexidos pola xeografia galega e por riba cada un deles fillo de distinta nai.

Sabido é que un bo padriño medra con só senti-la presenza dos afillados , recibindo a todos , sen exclusión, cun sentimento de amor, é dicir, por “afección” mais poida que os afillados, absortos cada un na nosa ínfima vanagloria, non saibamos agradecer como se merece tanto esforzo e altruísmo co risco de que, trocando o significado de “afección” por outro que fai referencia a unha “enfermidade ou alteración morbosa ”, camiñemos sen remedio cara a disgregación familiar e cara ó noso fracaso como colectivo teatral. Os humanos, en xeral, e os “artistas”, en particular, somos especialistas en matar as galiñas dos ovos de ouro. Non acabamos de entender que o endego, o ovo do aniñadoiro, nunca debe desaparecer

Co firme desexo de contribuír a que os Domingos a Escena perduren nos tempos como emblema e semente de “amor polo teatro”, eu, con máis de vintecinco anos de altruismo teatral como autor, director, actor e promotor, síntome na obriga de manifestar a través destas letras o meu apoio á continuidade de Domingos a Escena, o meu aplauso a Yuyi Bastida e a todos os membros da organización, (Max Teatro), asi como ás entidades que arrouparon e arroupen no futuro a este evento único na nosa terra.

E xa postos a aplaudir, permítanme aproveitar esta ocasión para felicitar ós gañadores e a tódolos participantes e, como non, ó público, o gran protagonista pois sen el nada somos.

“Unha das causas dos fracasos máis notables no teatro consiste en non saber darlle ó público o que quere e, por suposto, a falta de consideración ó público, como parte fundamental da comunicación teatral, sempre leva ó fracaso”

Personalmente quero agradecer públicamente o cariño e o afecto que dende hai anos recibimos do público de todo Ferrolterra, especialmente do público de Caranza, quen cos seus aplausos decidiu libremente manter nos cumios da clasificación por terceiro ano consecutivo ó grupo de teatro “ O Bordelo” de Cervo, na Mariña Lucense, un colectivo que facendo honor ó seu nome nunca tivo nin terá ansias competitivas posto que abordelar significa axudar a tirar do carro da cultura tal como o levamos facendo en máis de cincocentas actuacións polos escenarios de Galicia e Asturias nos nosos trece anos de andaina. O demais son adobíos, caramelos para adoza-la festa e na miña terra hai costume de decir que mentres pretendemos pilla-lo sol para quentarnos a nosa propia cara esquecémonos de que a luz do candil se nos apaga.

Domingos a Escena xa conseguiu o grande reto do teatro que é convertirse nun referente na vida comunitaria, ocupar un lugar entre a cidadanía. Caranza non é un simple auditoro é un lume comunitario. Todo grazas ós padriños. A historia do teatro afeccionado ten a obriga de escribir Caranza en letras de ouro e nós, os afillados, debemos collernos das mans e cunha soa voz decirvos : Mil grazas, padriños!

Gracias a tí Paco, e a todo o grupo de teatro "O Bordelo".


Esta carta aberta para a súa publicación nesta paxina, fai que dende Max Teatro, sigamos mantendo esas gañas de traballar polo Teatro Afeccionado en Ferrol, no XII Ciclo de Teatro Afeccionado "Domingos a escena", no cal xa estamos traballando.

Premio do PublicoDAE XI

Presentación
Premio do Publico DAE XI

 


¡Gañador do Premio do Público!


Ao remate da representación da obra ARTE-f de Teatro Ad Líbitum a Concelleira de Cultura, Dona Mercedes Carbajales, despois de agradecer aos espectadores a súa constante asistencia a este ciclo, o cal debe asegurar a continuidade do mesmo, en anos sucesivos, deu a coñecer o Obra que resultou gañadora, dacordo coas puntuacións que foron outorgando, cada Domingo, os espectadores.

Por este ciclo pasaron 6600 espectadores.

E a obra que resultou gañadora é:

"Ao son dos novos", de Bety Couce

representada polo Grupo de Teatro A POMBIÑA de Pedroso. Que xa foi o gañador do ano pasado.


O Diploma acreditativo do premio entregaráselle na función do vindeiro Domingo 24, no Teatro Jofre.


Dado que as Bases do Premio especifican"que ningún grupo poderá representar no Teatro Jofre dous anos consecutivos", co fin de que polo Teatro Jofre poidan pasar o maior número posible dos grupos participantes. Por este motivo a obra que se representará no Teatro Jofre, será a que quedou en segundo lugar. Esta foi:

"O espello do prestamista", de Francisco Piñeiro

representada polo Grupo de Teatro O BORDELO de Cervo (Lugo)


Esta é a clasificación final:

Y esta é, a valoracion final do publico para cada grupo:




Esperamos que a nova corporación que salga das Eleccións de Maio, siga apostando polos Domingos a Escena. Asi que, ¡Ata o vindeiro ciclo!




17 Abril - Teatro Ad Libitum

OBRA: “Arte-f”

XENERO: Drama-Comedia

AUTOR: Basada nun texto de Yasmina Reza

DIRECCIÓN: Yuyi Bastida

DURACION: 70 min.

GRUPO: “ Teatro Ad Libitum”, (Ferrol)

Reparto:

Cris.....Anuska Gonzalez

Petra.....Fany Salido

Ari.....Loli Porto

Equipo Técnico:

Técnico iluminación: Emilio Bellas

Técnico sonido: Carlos Gomez

Diseño grafico: Max Teatro

Escenografía e atrezzo: Max Teatro

Sinopse:

A compra dun ”cadro modernisssimo”, “caro”, crea unha confusión entre tres amigas, cunha relación de anos. Si a túa amizade que crías eterna está baseada nun acordo mutuo tácito, ¿qué pasa cando unha persoa fai algo completamente diferente e inesperado? A pregunta é: ¿es quen cres que es ou es quen os teus amigos cren que es?. Arte-f é unha comedia que nos coloca fronte o espello da sinceridade, ese que nos mostra tal e como somos, ou tal vez é como nos tratan os nosos amigos.

10 Abril - Crucia Teatro

OBRA: “O pinchazo de Vanesa”

XENERO: Comedia


AUTOR: Adaptación dunha obra de J. Mathias

DIRECCIÓN: J. M. Cabana

DURACION: 105 min.


GRUPO: “Crucia Teatro” (Sta. Icia - Ferrol)


Reparto: Luísa----------- Juani Rodríguez

Vanesa--------Anuska González

Eduardo------------Carlos Velón

Emilio-----------------Pepe Lage

Marga----------------Conchi Cao

Andrés-------------Carlos Gómez

Pepa--------------------Ana Pico

Roque----------------José Gómez


Sinopse:

Esta farsa trata dunha familia, de posición acomodada, disposta a todo por tapar a "falta" que tivo a súa filla, para preservar a súa moral. A moral...qué cousas, ¿non?