4 Decembro – O Bordelo



DATA.-Domingo 4, Decembro 2011
HORA:19:00 h.
OBRA:"Quintana de vivos, anguria dos orfos"
XENERO:Sátira comico-realista
AUTOR: Francisco Piñeiro
DIRECCIÓN:Francisco Piñeiro
DURACION: 70 min.
GRUPO:"O Bordelo Teatro", (Cervo-Lugo)
Reparto:
Censor- Xosé Manuel González-Copa
Sabido.- Antonio González Villares-Patoso
Peregrino.- Xosé Vicente Mon Canoura
Remedios.- Dolores Viamonte Rey
Sabela.- María Paz Rodríguez Silva
Nicasio.- Francisco Piñeiro González
Sinopse:
Sátira cómico-realista que convida á reflexionar  sobor da situación de orfandade na que se atopan os sectores  primarios , en especial o noso agro. Sen pretender  solucións milagreiras , cómpre abordelar e xunguir esforzos  colectivos  na percura dun novo florecer dos nosos eidos.

27 Novembro - Bartoleta Teatro


DATA.-Domingo 27, Novembro 2011
HORA:19:00 h.
OBRA:"Yerma"
XENERO:Traxedia
AUTOR: Federico García Lorca
DIRECCIÓN:Helga Méndez
DURACION: 70 min.
GRUPO:  "Bartoleta Teatro",   (Ferrol) 
Reparto:
YERMA Helga Méndez
JUAN Elisardo de la Cruz
VÍCTOR Mario Cibeira
VIEJA PAGANA Espe Vidal
MARÍA Olga Fra
CUÑADA / HEMBRA Desi Pillado
DOLORES Chus Neiva
MUCHACHAS/ MUJERES Marta Sixto, Lorena Calaza
MACHO Miguel Costoya
HOMBRES Tito Taboada, Luis Pillado 
Sinopse:
Yerma é unha muller angustiada por que non logra concebir un fillo. Para a súa desesperación, o seu esposo, Juan, non amosa interese ningún en ter a ese neno, o que leva a Yerma a fortalecer a súa obsesión.
As xentes falan dunha posible infidelidade de Yerma con Víctor, un pastor do pobo, feito totalmente infundado que fai desconfiar a Juan da súa esposa. Juan toma medidas e pecha cada vez máis a Yerma entre as paredes da súa casa.
As esperanzas de Yerma merman co paso dos anos, vendo como as paredes desa casa silenciosa, valeira de sangue nova, pesan cada vez máis sobre o seu peito.
E non hai saída porque, na súa caste, o primeiro é a honra.

20 Novembro – Gargallada Teatro



DATA.- Domingo 20, Novembro 2011
HORA: 19:00 h.
OBRA: "Non me chames cariño se non o sintes"
XENERO: Comedia
AUTOR: M.Caramés (adaptación para Gargallada de textos de J.Salom e J.L Alonso de santos)
DIRECCIÓN: Manuel Caramés
DURACION: 75 min.
GRUPO:"Gargallada Teatro"  (Ourense)
Reparto:
               Reyes Limia,
               Eladio Santos,
               Mercedes Anta,
               Nuria Menéndez,
               Manuel García,
              Jose Mª Rodriguez,
              Francisca Fernández,
             Manuel Caramés,
             Silvia Cuesta,
             Sol Rodriguez,
            Gabriel Prada
            Aurora Fernández.
Sinopse:
Qué facer coas cousas do querer?... ou do non querer! Historias encadeadas de amores e desamores nas que teñen presenza ilusións, desenganos, ciumes, enredos, traizóns e vinganzas, aderezadas con moito humor. Polo escenario veremos pasar homes solteiros que non pensan casar nunca, matrimonios que esmorecen nas tardes dos domingos, mulleres que trafican cos seus maridos, curas que confesan os seus pecados máis ocultos, presidiarias que se liberaron dunha condena maior, divorciados que afogan as penas no alcol e mulleres que non queren vivir cos ollos pechados.

13 Novembro - Novaescena Teatro


DATA.- Domingo 13, Novembro 2011
HORA: 19:00 h.
OBRA: "O Inspector"
XENERO: Comedia
AUTOR: Baseada nun texto de Nicolai Gogol
DIRECCIÓN: Xoán Carlos Laxe
DURACION: 60 min.
GRUPO:"Novaescena Teatro", (Lugo)

Reparto:
Andrés Castelo: Ivan López.
Chelo Trinidad: Bárbara Viga.
Encarnación Vázquez: Susana Hermida.
Marcos Castro: Vicente Roxón.
María Lage: María Antonia.
Mariana Vázquez: Antonia Axís.
María Márquez: Artemia Rodriguez.
Marifí Ares: Camarera.
Xoán C. Laxe/Alberte Casasnovas: Policía.

Sinopse:
Nunha vila galega calquera, os políticos do consistorio confunden a un viaxeiro tunante cun inspector que estaban a agardar, ofrecéndolle todo tipo de beneficios económicos a cambio de agachar tódalas irregularidades cometidas durante anos. As forzas vivas da vila: empresarios, construtores... han ter tamén moito que dicir.
O Inspector (Nicolai Gogol, 1809-1852), unha das obras máis significativas do teatro ruso, aborda en ton de sátira unha constante social, por desgraza ligada ao ser humano: a corrupción.
A adaptación que propoñemos pretende, en primeiro lugar, achegar a visión satírica e hilarante de Gogol aos tempos actuais, salpicados acotío de escándalos económicos vinculados ao incorrecto exercicio da política. Con ese salto temporal, se ben nos afastamos do texto orixinal, somos fieis á intención social do autor. Non en van, xunto co compoñente satírico, a busca dun realismo social foi un salientable achado deste ruso, que tanta influencia tivo en autores como Mijaíl Bulgákov ou Yevgeni Zamiatin.