Acabouse o “Premio do publico”

Esta foto pode ser a ultima  que se fai da entrega de premio de "Domingos a Escena", a un grupo de teatro afeccionado, no teatro Jofre de Ferrol.
O Concellal de Cultura do Concello de Ferrol Sr. Reyes, anuncia que o “Premio do Publico” que se viña entregando dende ai catro anos, non se vai  facer nos vindeiros anos.

Proximo Ciclo DAE XIII

O teatro prende ou non prende, pero non o fai ó chou, en terreos ermos, sen abono, sen coidados ou aloumiños pois nin é semente de airío nin medra entre os croios do río. Os que levamos moitos anos sachando nos eidos teatrais sabemos que de non conseguir unha fertilización rica en conexión co público e unha transmisión de  valores  coincidentes  cos intereses da  maioría dos asistentes o fracaso de calquera mostra está  asegurado. Os Domingos a Escena, ademais de prenderen dez anos seguidos, botaron flor, dez flores xenuínas, auténticas  e singulares  cun arrecendo esparexido por toda Galiza para alimento anímico, bandeira  e símbolo anunciador  de que o teatro afeccionado tamén ten  o seu santuario: Caranza.
  Alí, cada Domingo dende setembro a Abril do ano seguinte, os actores e actrices deixan no escenario os seus mellores esforzos dramáticos  para ser repartidos entre un público  apaixoado .O espectáculo comeza  por observar  como se lanza  o público, ás carreiras, para  poder  ocupar as  butacas no intre en que se abren as portas da sala; resulta  tan emocionante  como presenciar  un reencontro entre amantes necesitados de se abrazar.
Estas eran as palabras de Francisco Piñeiro no X Ciclo de Domingos a Escena.


Despois de 12 anos en Caranza, cumprindo tódolos domingos, e facendo que os “Domingos a Escena”, foran a mais cada ano, cousa que iamos conseguindo pouco a pouco, chega a hora de deixar a organización por mandato do Sr. Concellal de Cultura, e pasar o testigo a outro grupo.

Unha vez mais, unhas Entidades Culturais de Ferrol, neste caso os Grupos de Teatro Afeccionado, vémonos obrigados a convocar unha Roda de Prensa para denunciar a intransixencia e falta de diálogo do Concellal de Cultura de Ferrol, co cambio que pretende dar á organización do Ciclo de Teatro Afeccionado "Domingos a Escena".
O Concellal, dunha forma unilateral e arbitraria e sen contar co colectivo de Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol, encárgalle a coordinación do Ciclo 2012-2013 ao grupo Ti e mais eu Teatro, que non ten boa relación con ningún do resto dos grupos, e cuias Bases non son válidas para cumprir os obxectivos que estaban marcados dende o primeiro Ciclo:
-        Participación de todos os grupos de Ferrol
-        Apoio aos grupos do resto de Ferrolterra
-        E aproveitando o Circuíto Cultural da Deputación da Coruña e dos Ciclos organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) patrocinados pola Xunta de Galicia, enriquecer a programación coas mellores propostas do resto da Provincia e da comunidade galega.
Os grupos de teatro, abaixo asinantes, despois de varias reunións, acordamos o seguinte:
1.- Facer un chamamento á Concellaría para que reconsidere a súa decisión.
2.- No caso de que esa decisión non se reconsidere, estes grupos de teatro, acordaron por unanimidade, non participar non vindeiro ciclo de Domingos a Escena.
3.- Solicitar, novamente, unha entrevista co Alcalde (hai mais dun mes que se lle solicitou e non tivemos resposta) para transmitirlle as nosas inquedanzas.
4.- Estamos convencidos que estes cambios na organización poñen en peligro a continuidade, no futuro, do Ciclo de Teatro “Domingos a Escena” que dende hai 12 anos ben funcionando con un grande éxito de público e un recoñecemento, por parte de todos os grupos participantes, como o ciclo de teatro afeccionado mais importante de Galicia.
 Grupos asinantes:
MAX Teatro, BARTOLETA Teatro, OQUETIQUEIRAS Teatro, TREMOIA Teatro, Teatro N+1, CRUCÍA Teatro, O MAXOLO Teatro, Teatro AMISTADE e Teatro ASCM.
                                                                                   Ferrol a, 11 de Xullo de 2012

13 Maio - Premio do Publico


O próximo Domingo dia 13 de Maio, o grupo de teatro, "A Pombiña" de Pedroso-Narón, presenta no teatro Jofre de Ferrol, as sete da tarde a obra "Rosenda, unha criada indecente", gañadora do "premio do Publico", do XII Ciclo de Teatro afeccionado, "Domingos a Escena", do Concello de Ferrol.
Lembramos que a entrada é gratuíta.
Recollida das invitacións no Teatro Jofre en horario de martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.
Os días de función ata o inicio da mesma.
Sábados, domingos e festivos de función, o mesmo horario.
Teléfono: 981 944 245

Domingos a Escena 2012

Carta aberta de Francisco Piñeiro González, escritor, director e actor do Grupo de Teatro “O Bordelo”  de Cervo-Lugo

DENOMINACIÓN DE ORIXE: Domingos a  Escena
                                                                                            Caranza, Ferrol.
                                                                                            
        Nos tempos que corren,  moito é de agradecer que aínda existan e resistan esforzados teatrocultores  dispostos a  dedicar, de forma altruísta e desinteresada, incontables horas das súas vidas  á crianza,  conservación  e  divulgación  do único licor artístico capaz de transformar  a cruda  realidade  da vida cotiá noutra virtual   máis xusta, agradable e levadeira con só percibir o arrecendo do seu espírito, chamado teatro.
       Entenderá  ó lector  que a adquisición  de   tal capacidade de diferenciación  sensorial  supón un grande  sacrificio e aprendizaxe  pois incluso D. Álvaro Cunqueiro,  famoso  dramaturgo e  catador  de pócimas e  beberaxes,   advirtía que habendo dúas mazás , unha  real e outra imaxinaria, a dificultade non  estaba en distinguilas senón en saber cal das dúas desprendía mellor aroma.
        O teatro é planta celmosa que medra por entre os sentires da xente. Existen tantas  especies  diferentes como procederes  pero sen dúbida a  Oportuna ocasionalis ,coñecida vulgarmente como herba do arrime ou falsa querencia, posúe tal adaptación ás conveniencias  que de non haber quen a desmeste  podería chegar a ser endémica. Pola contra  a  Estima incondicionalis, moito máis escasa e delicada  nace vestida de  verde  esperanza , enraíza e medra  bebendo púcaros de morna amizade, ambrosía dos amigos sinceiros que falan con feitos, calando as palabras.
               A pesares da miña  dilatada experiencia de máis de vinte anos semeando e cultivando  teatro direilles, en confianza,  o  abraiado    que quedei  ó descubrír  o meritorio santuario teatral de Caranza onde  o público : nenos, mozos e vellos,  acadou a habelencia e sabedoría  de saber aprezar e distinguir  os  aromas  da Estima incondiconalis , herba  verdadeira e soñadora  da que se alimentou dende sempre ó teatro verdadeiro  e a entrecoller aquelas herbas enguedellentas que lle son perxudiciais Créanme; todo canto lles conto é certo.  Quen llo dixera a Cunqueiro!
       Nos adentros do Centro Cívico de Caranza, en Ferrol, levan doce anos, en silenzo e con paciencia, apoiando o esforzo dos teatreiros da maior parte de  Galicia para que non decaian nin abandoen o cultivo  das súas propias cepas escénicas, mananciais autóctonos das expresións e sentires da alma dos pobos. Sen desmaio, ano tras ano, desde a caída das follas ata o sorriso das flores, tódolos domingos ás sete da tarde, tal fose un ritual relixioso, o prior Yuyi Bastida arroupado dos seus incondicionais acólitos  invocan e convocan ó público de Ferrolterra que  armado de calurosos  aplausos acode presto e disposto a escorrentar calquera praga ou ameaza enviadas pola historia  para apedrar o   celmoso froito ofrecido sobor das táboas do escenario.
        Ano tras ano, destilaron pinga a pinga , sen desmaio, o prestixio do teatro afeccionado,  acadaron o respecto das distintas administracións que no transcorrer dos tempos  apostaron e  apoiaron   ó certame teatral , conseguiron a admiración dos grupos participantes, razóns  máis que suficientes  para  que o evento perdure nos vindeiros tempos  , sen discusións nin miramentos. 
     Na confianza  de que tal desexo sexa certo, dende A Mariña luguesa, norde  da  terra galega , este humilde amante do teatro ,  brinda cun  aroma Caranza  de  doce anos  ó tempo que  pide  para os Domingos a escena unha sentida homenaxe  no que o teatro afeccionado  lle outorgue e  conceda a   ben merecida denominación de orixe.
  
                                       Francisco Piñeiro González.

Clasificacion Premio do Publico DAE XII

Posición final dos Grupos de Teatro participantes no XII Ciclo de Teatro Afeccionado,
 "Domingos a Escena" 2011-2012
Concello de Ferrol, Abril 2012

IV Premio do Publico (Diario de Ferrol)

Recorte de prensa do Diario de Ferrol, despois de dar a coñecer o nome do grupo gañador do "IV Premio do Publico" do XII Ciclo de Teatro Aficionado, "Domingos a Escena", que patrocina o Concello de Ferrol, e organiza "Max Teatro".

Premio do Publico DAE XII




REMATOU O XII CICLO DE "DOMINGOS A ESCENA" 2011-2012 (DAE XII)Co anuncio da obra gañadora do PREMIO DO PÚBLICO rematou o XII Ciclo "Domingos a Escena" 2011-2012.
A obra gañadora foi: "ROSENDA, UNHA CRIADA INDECENTE" que representou o Grupo de Teatro A POMBIÑA de Pedroso, o 19 de Febreiro de 2012.
Cabe salientar que este grupo conseguiu o premio por 3º. ano consecutivo.
* A representación da obra gañadora, no Teatro Jofre, será o Domingo 13 de Maio as 19:00h.
Neste XII Ciclo presentaron as súas obras, un total de 26 Grupos de Teatro Afeccionado:
8 de FERROL
Gº. de Tº. OQUETIQUEIRAS, CRUCÍA Teatro de Santa Icía, Gº. De Tº. O MAXOLO de Covas, BARTOLETA Teatro, TREMOIA Teatro, PANDEMIA Teatro da Área Sanitaria, TI E MAIS EU Teatro e Teatro AD LÍBITUM
7 do RESTO DE FERROLTERRA
Gº. de Tº. A POMBIÑA de Pedroso (Narón), AGARIMO Teatro de Sillobre (Fene), ARRUALLO Teatro de Miño, XÁBREGA Teatro de Ares, DEVANCEIRO Teatro de Narón, O ATURUXO DE MELPÓMENE de Narón, VALVERDE Teatro de Cedeira,
7 do RESTO DA PROVINCIA DE CORUÑA
Teatro CANDELEXAS de Noia, SAL-MONELA Teatro de Coruña, BRADOMÍN Teatro de Camariñas, Teatro ARTESÁN de Sada, NNC Teatro de Santiago de Compostela, Gº. De Tº. AIRIÑOS de Rianxo, UT-TÓPICO Teatro de Santiago de Compostela,
3 da PROVINCIA DE LUGO
Teatro O BORDELO de Cervo (Lugo), NOVAESCENA Teatro de Lugo, METÁTESE Teatro de Palas de Rei,
1 da PROVINCIA DE OURENSE
GARGALLADA Teatro de Ourense,


** O número total de espectadores foi de: 5460
*** A media de espectadores por función foi de 219,2.

15 Abril – Teatro Ad Libitum


DATA.-Domingo 15, Abril 2012
HORA:19:00 h.
OBRA: "Vaia tropa!"
XENERO:Comedia
AUTOR: Adaptación da obra de Hugo Daniel
DIRECCIÓN:Yuyi Bastida
DURACION: 60 min.
GRUPO: "Teatro Ad Libitum" ,   (Ferrol)
Reparto:
Bárbara.....Anuska González
Daniel….Carlos Gomez
Engracia….Maria
Consuelo.....Fany Salido
Isabel....Loli Porto
Vecina….Lucia
Equipo Técnico:
Técnico iluminación e son: Emilio
Deseño gráfico: Carlos Gomez
Escenografía: Max Teatro
Maquillaxe: Loli e fany
Atrezzo: Anuska
Tremoia: Fran "Bolu"
Sinopse:
Un matrimonio feliz ve perigar a súa convivencia polas malvadas estratexias das súas nais que queren separalos, pois consideran que a diferenza de idade na parella, pode ser un seguro fracaso matrimonial.
Comedia, que reflexa un conflito de parella causado por dúas nais (sogras) intolerantes, e unha terceira nai xurdida como consecuencia do transplante dun órgano vital pertencente a su fillo falecido.

8 Abril – Crucia Teatro



DATA.-Domingo 8, Abril 2012HORA:19:00 h.
OBRA: "Os profesionais"
XENERO:Comedia
AUTOR: Adaptación da obra de Joan Rosquellas
DIRECCIÓN:Crucia Teatro
DURACION: 60 min.
GRUPO:  "Crucia Teatro" (Ferrol)

Reparto:
Cristina - Anuska González
Pedro - Carlos Velón
Asasino - Jose Gómez
Xaime - Carlos Gómez
Asasina - Juani Rodríguez
Sogra - Ana Pico
Neves - Begoña Velón
Roque - Jose Lage
Policia - Jose Carrodeguas

Sinopse:
Pedro , electricista "profesional " , vai traballar a unha casa onde se ve envolto nunha perigosa trama.

1 Abril – UT_Tópico Teatro



DATA.-Domingo 1, Abril 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Baile de sombras"
XENERO:Drama
AUTOR: Fran Godón Davila
DIRECCIÓN: UT-Tópico.
DURACION: 60 min.
GRUPO: "UT-Topico Teatro" , (Santiago)
Reparto:             
                MANUELA LESTÓN NOCEDA             
                NOELIA IGLESIAS IGLESIAS
Sinopse:
En canto a temática e argumento a obra xira arredor da "esencia" das relacións humanas que aparecen nas situacións de dependencia, cando o ser humano se ve inserido nunha arañeira pegañenta e ben tecida que fai agroma-lo mellor e o peor de cada un. A realidade non parece tal, os elementos perden ou varían o seu valor, a vida muda de regras.
O mundo humano é a suma da percepción sensorial e o funcionamento cerebral: memoria e imaxinación. A vida é pasado, unha suma de situacións vitais e mentais que, modificados no cerebro en forma de recordos, constitúen o que somos e o que ofrecemos. Non somos máis ca iso pois o futuro non se ve e o presente xorde da súa conversión automática en pasado. Adáptanse eses recordos á maneira do individuo, ben de forma interna ou ben por estímulos alleos provocando unha positividade ou negatividade neles que contribúen a converter á persoa nunha entidade complexa. Non somos máis ca unha falsidade, unha modificación, voluntaria ou non, duns sucesos percibidos.
Neste sistema dual de sentidos e mente a máis mínima variación ou fricción pode facer tremer tódolos piares da grande obra, ben sexa iniciada na percepción ou ben no procesado da información. Desta posibilidade xorde o presente espectáculo. No espazo unha actriz vida a menos, antiga diva case non recordada que conta as súas memorias de cor sepia a unha estraña asistenta. Falan, relaciónanse, actúan entre elas pero que? por que? as preguntas van aparecendo ó tempo que a realidade se vai clarificando. A partir de aí…

25 Marzo - Devanceiro Teatro


Un problema de ultima hora obliganos a sustituir a obra: "O Café", por esta outra, do grupo "Devanceiro Teatro" da mesma asociación: "O Aturuxo de Melpomene", (Naron).

DATA.-Domingo 25, Marzo 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Preguntas sobre o meu pai"
XENERO:Drama
AUTOR: Silvia Romaus
DIRECCIÓN:
Silvia Romaus
DURACION: 80 min.
GRUPO: "Devanceiro Teatro" , (Narón)
Reparto:
Chus Prieto - Iván González - Óscar Rodríguez 
Sinopse:
A obra transcorre no ano 1937, cando a guerra civil leva un ano dende o seu comezo. Nunha aldea de Lugo vive Mario,un rapaz de 13 anos que acaba de perder ó seu pai. Mario preguntase que foi o que lle pasou ó seu pai e o porqué da súa morte. A súa nai María, e moi reacia a contarlle nada e négase de contado. Don Xavier o mestre do pobo e íntimo amigo da familia atópase no medio de Mario e de María. Don Xavier quere contarlle toda a verdade a Mario, pero sabe que non pode traizoar a palabra que lle deu a María de manter silencio...

VIII Mostra de Teatro Afeccionado - Concello de Sada

CONCELLARÍA DE CULTURA, XUVENTUDE E OCIO.
CONCELLO DE SADA.
VIII MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO.


Ola a todos e todas.
Desde a Concellaría de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada queremos presentarvos as Bases da convocatoria da VIII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.
Este ano, certas dificultades económicas retrasaron a aprobación destas bases, pero finalmente, e con significativas variacións con respecto á proposta da Mostra en edicións anteriores, podemos comunicarvos que, felizmente, a nosa cita co Teatro Afeccionado mantén a súa continuidade.

Axuntámosvos as bases nas que se explica o funcionamento da Mostra e as condicións de participación, así como un modelo de inscrición.

Queremos sinalar que este ano teredes unha marxe de tempo bastante curta para presentar a solicitude de participación, polo que habilitamos esta conta de correo como vía oficial de formalización de inscricións: poderedes usar o correo postal, como sempre, ou ben enviarnos a esta conta de correo toda a documentación necesaria.

Do mesmo xeito, a gravación das vosas obras para ser visualizadas polo Comité Seleccionador poderedes enviala por correo electrónico, ou ben facilitarnos un enlace onde poidamos acceder a elas.

A vos, MAX, tendo en conta a grande experiencia que acumulades co “Domingos a escena”, e a posibilidade de que teñades unha lista de contactos de compañías de teatro amador considerable, agradeceríamos toda a axuda que nos poidades dar para difundir a realización desta Mostra a quenes poidese interesar.
Moitas gracias de antemán pola vosa axuda e polo voso traballo a favor do Teatro.

Agardando que esta información sexa do voso interese, quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida que queirades consultar.
Recibide un cordial saúdo.


tlf: 627 474 709
Concellería de Cultura.
Concello de Sada.

25 Marzo – O Aturuxo de Melpómene


DATA.-Domingo 25, Marzo 2012HORA:19:00 h.
OBRA:"Café"
XENERO:Comedia
AUTOR: Susana Sánchez, Luis García Araus y Javier García Yagüe
DIRECCIÓN:Iolanda Muiños.
DURACION: 85 min.
GRUPO: "O aturuxo de melpomene" , (Narón)
 Reparto:
Lorena Montero
Paula Morado
Leandro Lamas
Juanín Ares Gondell
Silvia Casal
Keke Díez

Sinopse:
Café é unha comedia que fala sobre as adiccións
e a prohibición, e sobre as consecuencias que xeneran,
que van desde a tolerancia ata a represión.
En Café acompañaremos a unhas personaxes que ven alteradas
as súas vidas debido a unha circunstancia excepcional, a ilegalización do café.
Amanda verá como este feito aféctalle persoalmente, dun modo directo e como os
efectos da prohibición van alterando a súa vida familiar e laboral.

18 Marzo - Xabrega




DATA.-Domingo 18, Marzo 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"O Indiano"
XENERO:Comedia
AUTOR: Adaptación da obra, O Indiano, de Arca Caldas
DIRECCIÓN:Fco. Javier Vilasánchez Martínez
DURACION: 60 min.
GRUPO: "Xabrega Teatro"  ,   (Ares) 

Reparto:
LUCÍA Rosa Rodríguez Vigo
ROSIÑA Mª Carmen Rodíguez Fernández
MANUEL Lauri Filgueiras Cartelle
ALBERTE Pili Casteleiro Farías
PARVO Concha Martínez Fariña
ESPECTADOR I Ana Varela Sanjuán
ESPECTADOR II Josefina Fernández Barcia
INDIANO Rafael Mesías Vázque "Felín"
ALCALDE Jaime Rivas Rodríguez
XORNALISTA Mª Teresa Sanjuán López 

Sinopse:
Don Pedro é un paisano que chega á súa vila e quere facer unha fermosa doazón ao pobo que o viu nacer. Alí topa coas autoridades e co andar da acción vese que o tempo pasado fóra da súa terra faille percibir unha realidade totalmente diferente da súa terra. O seu anceio de perpetuidade chega a ilusionar aos veciños pero cando estes descobren en que consiste "a fermosa doazón" tentan de facelo trocar de idea.
O descubrimento do amor fai del un home novo e disposto a facer unha verdadeira e xenerosa doazón máis axustada aá realidade e que redunde en beneficio dos seus paisanos.
A vida do pobo, os inicios do automóbil, a falla de industrias, a emigración os personaxes e os ambientes en xeral fannos percibir ou rememorar, segundo o caso, o que sería o regreso dun destes indianos así como facer unha crítica divertida da situación.

11 Marzo – Pandemia Teatro



DATA.-Domingo 11, Marzo 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Dereita Esquerda"
XENERO:Comedia
AUTOR:Jose L. Prieto
DIRECCIÓN:Pe Pablo
DURACION: 60 min.
GRUPO: "Pandemia Teatro" , (Ferrol)

4 Marzo – Arruallo Teatro



DATA.-Domingo 4, Marzo 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Entre nos"
XENERO:Comedia
AUTOR:ADAPTACION DE UNA OBRA DE SANTIAGO SERRANO
DIRECCIÓN:Luís Martinez
DURACION: 60 min.
GRUPO: "Arruallo Teatro" , (Miño)
Reparto:
LAURA..............PURA VAZQUEZ
LEONOR...........MARY PANTIN
Sinopse:
DOS MUJERES EN UN ENCUENTRO CASUAL EN UNA ESTACION.
MEDIANTE EL HUMOR, LA IRONIA Y EL SETIMIENTO DEFIENDEN SU MANERA DE VER LA VIDA.

26 Febreiro - Ti e mais Eu Teatro


DATA.-Domingo 26, Febreiro 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Canta o que queiras cos mícros de madeira"
XENERO:Musical infantil
AUTOR: Ti e mais Eu
DIRECCIÓN:Xulio Vázquez Deibe
DURACION: 80 min.
GRUPO: "Ti e mais Eu Teatro" , (Ferrol)
Reparto:
Josefa Deibe
Angeles Rodríguez
Coa colaboración de IRIA
Sinopse:
Espectáculo musical participativa onde os nenos e as nenas poderán amosar as súas dotes artísticas cantando con nós sa cancións que máis lles gusten.
Este espectáculo foi representado tanto ao aire libre como en centros culturais ao longo de toda Galicia acadando un gran exito.
Esperamos que o pasedes moi ben cantando e bailando cos micros de madeira de Ti e máis Eu Teatro.
==Musical infantil==

19 Febreiro – Teatro A Pombiña



DATA.-Domingo 19, Febreiro 2012
HORA:19:00 h.
OBRA:"Rosenda, unha criada indecente"
XENERO:Comedia
AUTOR: Betty Couce Calvo
DIRECCIÓN:Betty Couce Calvo
DURACION: 60 min.
GRUPO: "Teatro a Pombiña",  (Pedroso-Narón)

Reparto:
ROSENDA..........Betty Couce
XUIZ..................Ramiro Fernández
ALICIA...............Rosa Couce
CAYETANA.........Puri Mira
PURI.................Mª Xose Couce
CURA................Carlos Lombao
ALCALDE............Pablo Lombao
PORTEIRO..........Fernando Romero 
Sinopse:
Rosenda e unha criada moi leal e traballadora que sirve na casa dun respetable xuíz na cal e moi apreciada, ata que un día o seu amo descubre que a súa criada ten un gran defecto, pois gústanlle moito os homes motivo polo cal está disposto a despedila sen contemplacións, pero Rosenda coa axuda dunha amiga artella un plan para evitar que a despedida.

12 Febreiro - Tremoia Teatro



DATA.-Domingo 12, Febreiro 2012
HORA:19:00 h. 
OBRA:"Hildegart" 
XENERO:Drama traxico
AUTOR: Borja Ortiz de Gondra
DIRECCIÓN:Luis G. Ramos
DURACION: 80 min. 
GRUPO“Tremoia  Teatro”,  (Ferrol)
Reparto:
Periodista - Juez ….Xavier Anidos
Aurora ………. Fernanda Martínez
Hildegart ………. María Polo
Psiquiatra (1 y 2) …. Lorena Calaza
Político - Abogado defensor …. Lan Couce
 
Sinopse:
“Lo mismo que un arquitecto, cuando ve que su edificio empieza a desmoronarse tiene derecho a volarlo,, yo destruí la obra que había creado,, cuando vi que se apartaba de la misión para la que había sido concebida”..
El 9 de junio de 1933, un crimen convulsionó a la opinión pública española: Aurora Rodríguez Carballeira asesinó de cuatro tiros a su hija Hildegart mientras ésta dormía.
La joven, con tan sólo dieciocho años, era una de las mujeres más destacadas de la recién nacida Segunda República. Una vida y una trayectoria con un enorme potencial, segadas por un acto en apariencia incomprensible.
Pero, ¿qué se esconde detrás de aquellas páginas de sucesos?
En la cárcel, Aurora rememora las circunstancias que la movieron a cometer tan desnaturalizado crimen.