5 Febreiro – NNN Teatro




DATA.-Domingo 5, Febreiro 2012
HORA:19:00 h. 
OBRA:"Esperando a Godot" 
XENERO:Comedia/absurdo
AUTOR: Samuel Beckett
DIRECCIÓN:Beatriz Mández Castro
DURACION: 80 min. 
GRUPO:  "NNC Teatro"(Santiago) 
Reparto:
VLADIMIR: ROI MÉNDEZ
ESTRAGÓN : CARLA CAPEÁNS
POZZO : PAULA DÍAZ
LUCKY: CRISTINA AMBOAGE
RAPAZ : BEATRIZ MÉNDEZ

29 Xaneiro - Valverde Teatro

DATA.-    Domingo 29, Xaneiro 2012
HORA:    19:00 h.

OBRA:    “Un traballo é un traballo”

XENERO:  Comedia
AUTOR:  Colectivo Garola
DIRECCIÓN:    Fusa Guillen
DURACION:   90 min.

GRUPO“Valverde Teatro”,  (Cedeira)

Reparto:
Dona Pilar - Eva Saavedra
Matías -  Ana Nine Ferro /José Antonio Blanco
Sr. Rodríguez /  Lola - Elvira Díaz Fernández
Xulia- Mari Carmen Rey Pita
María - Sonia Marín Galiano
Antonio - Estrella Leonardo
Conde de Saavedra - Enrique Riudevets Cesteros
Anselmo - Belarmino Cheda Nebril
Garsinda - Mercedes Díaz Fernández
Vanessa -  Josefa Nebril Caruncho
 Maximino -  Pablo Rodríguez Freire

Sinopse:
Un traballo é un traballo introduce o punzante tema do campo laboral na nosa terra dende hai moitos anos, no que, tanto xoves coma persoas maiores, buscan desesperados un traballo para poder vivir con dignidade. Neste difícil panorama aparece un anuncio no xornal ofrecendo un traballo que acende de ilusión a tres rapaces desesperados, pero o que eles non saben é o que se agocha detrás desa oferta.
A  nosa peza é unha comedia construída a partires dunha realidade tristemente coñecida da nosa sociedade: o paro, as dificultades para atopar o noso primeiro traballo e o desexo de saír da casa dos pais e independizarse. Dende ese punto de partida as peripecias que vivirán os nosos protagonistas se multiplican entre unha inesperada realidade e a viva imaxinación de María,

22 Decembro - O Maxolo

   
DATA.-    Domingo 22, Xaneiro 2012
HORA:    19:00 h.
OBRA:    “Unha rosa é unha rosa”
XENERO:  Comedia
AUTOR:  Suso de Toro
DIRECCIÓN:    Helga Méndez
DURACION:   90 min.
GRUPO“O  Maxolo”,  (Covas)
Reparto:
Vella Rosa – Chelo López
Pololo, sobriño da Vella Rosa – David Pita
Adela, sobriña da Vella Rosa – Paula Cabanas
Doutora – María López
Foncho, home de Adela – Suso Cereijo
Puri, muller de Pololo – Loli Pazos
Borja, fillo de Adela e Foncho – Javi
Rosiña, neta da Vella Rosa – Maribel Castrillón
Sta. Fletcher, investigadora televisiva – Reme López
Peregrino – Juan López
Sinopse:
“Unha rosa é unha rosa” ten todos os ingredientes dunha comedia...de medo: dous sobriños que ambicionan a herdanza da súa Vella tía Rosa, Adela e Pololo; unha morta moi “viva” que se aparece, e a terceira en discordia: a inocente e inesperada curmá Rosiña que, sen sabelo, dispón dun tercio desa herdanza que os outros dous sobriños non están dispostos a compartir.
       ¿Conseguirán Adela e Pololo o tercio da herdanza de Rosiña? ¿Perderá Rosiña a inocencia? ¿Quen será esa aparición? Unha comedia para morrer...de risa.  

15 Xaneiro – Oquetiqueiras teatro



DATA.- Domingo 15, Xaneiro 2012
HORA: 19:00 h.
OBRA: "Campanas de Bastabales"
XENERO: Dramático
AUTOR: Basada nun texto de Jorge Díaz
DIRECCIÓN: Luís G. Ramos
DURACION: 65 min.
GRUPO"Oquetiqueiras"  ,  (Ferrol)


DAE XII - (2a. parte)


Comeza a 2ª parte do ciclo.
Este é o cartel do mes de Xaneiro.