4 Marzo - Tiruleque Teatro




Elenco:
Capuccini: David R. Tomé / Pepe Prada
Monifate: Rubén Martínez
Rosa “A Raposa”: Rosa María Villar / Lidya Almonte
Manolón: Óscar Cid
Marcela: Rita Freigenedo
Xogador 1: María del Carmen Fdz. Carreiro
Xogador 2: Aurora González / Belén Opazo
Meiga: Vanesa Iglesias
Panoramix: Rosa María Villar / Lidya Almonte

Dirección: Pepe Prada


Sinopse:
Unha comedia de Pepe Prada en cinco actos e outras pasaxes.
Monifate e Capuccini están almorzando na súa casa, e sofren en carne propia o temperamento de Manolón, cando este aparece na persecución de Rosa “A Raposa” quen, a dúo co seu marido, O Cacharelas, chanceouse de Manolón chamándolle cornudo.
Capuccini, que está namorado de Marcela dun xeito que vai entre o platónico e o erótico, pretende conseguir os favores desta, aínda que só sexan espirituais, por medio de eloxios e agasallos. Por outra banda, Monifate, máis carnal e apegado á terra, directamente quere metese na cama con Marcela.
Marcela e Lolo conforman unha parella que se quere, pero Marcela é unha coqueta que, sen dar pé inicialmente ás pretensións de Monifate e Capuccini, mantén acesa a chama das súas paixóns sen cortar de vez as esperanzas dos dous pretendentes, porque no fondo encántalle ser apetecida e que a pretendan.
Capuccini e Monifate son amigos de Manolón e clientes da taberna “A de Lolo” que rexentan Manolón e Marcela. Tódolos días Capuccini e Monifate acoden á tasca para botar un conto, beber un grolo ou xogar unha partida de cartas; porén iso non empece o feito de que na mesmísima cantina lle fagan requilorios a Marcela e lle propoñan -sobre todo Monifate- poñerlle uns monumentais cornos a Manolón; para o que non dubidan en acudir ós consellos dunha Meiga e servirse dos seus feitizos.
Iso dálles pulo, en especial a Monifate, para aventurarse nunhas proposicións a Marcela, que terán consecuencias imprevistas e que…

DAE XIX - Marzo

Programacion mes de Marzo


25 Febreiro - Ultreia teatro


O proximo domingo 25 de Febreiro "Ultreia Teatro", (Ortigueira), presenta: "Chicago", o musical.


CHICAGO
Con música de John Kander, letras de Fred Ebb e libreto de Bob Fosse, o musical CHICAGO está ambientado na cidade norteamericana de Chicago durante a época da lei seca dos anos 20. Conta a historia de Roxie Hart, unha actriz aparentemente inocente que traizoa ao seu marido Amos e soña con que o baile e a música lle permitan deixar a súa vida aburrida e humilde e seguir os dourados pasos da admirada artista de vaudeville Velma Kelly. Roxie consegue o seu soño cando algúns actos equivocados van acabar coas dúas artistas na cadea, ambas acusadas de dous asasinatos. Alí, na cadea, baixo os coidados da garda Morton, Roxie reúnese co corrupto e afamado avogado Billy Flynn, que acepta o caso da defensa de Roxie a cambio dunha suma importante de diñeiro.

Reparto:
VELMA KELLY………............María Piñón García
ROXIE HART…….......Almudena Martínez Gálvez
BILLY FLYNN....Miguel A. García Fustes (Maikol)
MAMA MORTON……........Marta López Periago
AMOS HART..................José Pedre (Carmona)
FRED CASELY…......Andrés Domínguez Bascoy
KITTY................................Rosi Ríos Quintás
HUNYAK.....................Patricia Capa Colombo
HARRY.......................José A. Sierra (Golpa)
MARI SUNSHINE…..........Víctor Díaz Cornide
XUÍZ............................Carlos César Silven

TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN: Elixio C. Silvent
DIRECCIÓN MUSICAL: Almudena Martínez Gálvez
DIRECCIÓN: Elixio César Silvent

18 Febrero - "Teatro A Pombiña"

A semana pasada comenzou Domingos a escena.
Teatro A Pombiña puxo en escea a obra: "A invitada"


Sinopse:
Beatriz é nativa das Fragas do Eume, e recibe unha invitación para asistir a voda da súa prima (a cal non coñece). Decide desprazarse a casa do seu tío e coñecer a súa familia, descubrindo que o seu tío é en realidade un alto cargo da Xunta de Galicia, que quere levar a cabo un proxecto que non gusta os habitantes do Eume. Pero esa non será a única sorpresa que espera ... A INVITADA.

Elenco:

BALDOMERO (presidente) - Juan Manuel Vidal

PURI (esposa do presidente) - Puri Mira

ROSA (sogra do presidente) - Rosa Couce

NURIA (filla do presidente) - María José Couce

CHANCHULY (escolta) - Pablo Lombao

CHENYU (noivo de Nuria) - Fernando Romero

NEMESIO (mordomo) - Carlos Lombao

BEATRIZ (invitada) - Betty Couce
Dirección: Betty Couce