Domingo 30 Marzo, "Artestudio Teatro", (Coruña)

Grupo de Teatro “Artestudio”. (A Coruña).
.
Obra: “Portoceibe, freeport”.
.
Autor: Creación colectiva
.
Dirección: Ramiro Neira.
.
Espazo escénico: Artestudio.
Banda sonora: Collage musical.
Xénero: Comedia.
Duración: Unha hora.
.
Síntese do espectáculo:
"Portoceibe, Freeport" é unha posta en escea sen un texto fixado, tanto persoaxes, situacións, conflictos, xurdiron nos ensaios a partir de improvisacións.
A idea do espectáculo parte dunha serie de perguntas ¿De qué queremos falar? ¿Qué nos apetece criticar? ¿Con quen nos queremos rir?
Estas cuestións leváronnos a unha idea de partida un tanto rocambolesca ¿Qué pasaría se trasladamos o típico detective americano das típicas películas de cine negro americanas a resolver o asasinato dun típico alcalde galego dunha típica vila mariñeira galega?.

Domingo 23 Marzo, "Teruca Bouza Teatro", (O Seixo)

Grupo de Teatro “Teruca Bouza”.
(O Seixo).
.
Obra: “A muller de meu amigo, enganame”.
.
Autor: Louis Couchard (adaptación).
.
Dirección: Manuel Basoa.
.
Reparto:
Daniel – Fernando Lago
Xermán – Jesús Fermín Fernández
Cornelio – Manolo Rojo
Fany – Ana Martínez
Marta – Lourdes Salido
Olga – Vanesa Delgado

Equipo Técnico, Luz e son: Manolo Basoa.

Duración: 60 minutos
Sinopse:
Un home decide separarse da súa muller e para iso busca a complicidade dun amigo que facía moito tempo que non vía, pero o amigo está namorado de outra muller.
As cousas complícanse pola aparición dun home moi celoso que persigue a súa muller e hai un tropezo entre as tres parellas, que non é fácil de resolver.

Domingo 16 Marzo, "Oquetiqueiras", (Ferrol)

Compañia: “Oquetiqueiras”, (Ferrol)
.
Obra: “Ernesto”
.
Versión libre da obra de Oscar Wilde " The Importance of Being Earnest "
.
Dirección: Luís G. Ramos.
.
Reparto:
Yoly M.Freije.
Raul Filgueira.
J.L. Santiso.
Lucía Pérez.
Marian P. Rey.
Lucía de Querol.
Eva Vigo.
Oscar Rguez García.
Fernanda Martínez.
Carolina Fidalgo.
Alberto Suárez.
María Planella.

COORDINACIÓN: Marián P. Rey
AXUDANTE DIRECCIÓN: Oscar Rguez.García
SELECCIÓN MUSICAL: Lucía Pérez
.
Sinopse:
Versión situada en Santiago no transcurso dos anos vinte.
Dous amigos crean unha identidade falsa coa fin de exculparse de accións de dudosa reputación, mais, ao declararse ás súas respectivas amantes, as dobres personalidades, entran en conflito por mor da condición indiscutíbel e necesaria de chamarse Ernesto.
Alcanzando aquí a comedia o seu esplendor, onde os infortunios inxeniosamente relatados conducen ao público até un inesperado e divertido final.


Domingo 9 Marzo, "Contraste N+1", (Ferrol)



Grupo de Teatro, “Contraste". (Ferrol).

Obra: “A lenda do pirata”.

Autor: Fusa Guillen.

Dirección: Fusa Guillén e Helga Méndez.
.
Reparto:
XANA: Helga Méndez
ELISA: Fusa Guillén
PIRATA NEGRA SOMBRA: Quique Vázquez

Equipo Técnico, Luz e son: Eva Maneiros.
.
Duración: 60 minutos
.
Obra teatral de animación á lectura para nenos e nenas.
.
Sinopse:
Din os Antigos que a palabra ten poderes máxicos, que ás veces, só con pronunciala poden suceder estraños acontecementos.
Xana, lectora apaixoada de libros de aventuras, invoca o nome dun pirata de séculos pasados sen pensar nas consecuencias que vai ter espertar unha vella lenda: sen querer, Xana faino aparecer e transpórtanos séculos atrás para embarcar aos nenos nunha aventura na que hai que rescatar a Elisa, unha rapaza solitaria, e recuperar un tesouro agochado polo Pirata nunha illa lonxana: a Illa das Rochas Afiadas.

Domingo 2 Marzo, "Andaravía Teatro", (Vedra)



Compañía: "Andaravia Teatro". (Vedra).

Obra: “Metus Extremus”.

Autor: Andaravia Teatro e Xoán Curiel.

Dirección: Xoán Curiel.

Reparto:
Sonia Balado / Ines Bouzón / María Gaiteiro / Breogán Gomez / Sara González / Fina Guitian / Laura Iglesias / Eliana Martíns / María Munin / Patricia Rey / Hixinio Rodeiro / Alfonso Romeo / Antonio V. Turnes / Antón Vázquez.

Equipo Técnico, Luz e son: Alfredo Brocos e David Rey.

Duración: 60 minutos.
.
(Non recomendada para menores de 13 anos).
.
Poderiamos falar do medo como proceso fisioloxico, psicoloxico ou mesmo bioquimico.
Pero non estamos aquí para que entendas, senón para que sintas o medo.
E terror, anguria, pavor, espanto, horror, panico... traemos de todos os tipos.
Temores clasicos e universais, modernos, contemporáneos, do país ou importados, intimos ou colectivos.
Se estás disposto a padecer esa sensación gozosa do medo, que nos iguala como seres humanos, que nos desasosega pero que inevitablemente nos atrae, agarrate a esa butaca.
Si pola contra pertences a esa caste de cobardes que non son quen de desafiar a Santa Compaña cara a cara, xa estás tardando en fuxir por esa porta.
Acepta o desafío e preparate para experimentar unha sesión de:
“Metus Extremus”