21 Decembro - Teatro Amistade

. Compañia:

"Teatro Amistade", (Santa Marina-Ferrol).
.
. Obra:
.
"O seguinte"

Autor: Terence Macnally.
(Version galega de Francisco Pillado Mayor).
.
Director: Manuel Basoa.

. Reparto:

Fany Salido... Capitana Trench
Jose M. Cabana... Mario Cheever
Anuska Gonzalez...Comandante O´neill
Voz en off.... Manuel Basoa

Sinopse:
Un home de mediana idade é chamado a filas no exercito dos Estados Unidos, e a doutora Trench pásalle unha revisión para darlle o alta nas forzas armadas. Pero el non entende que poida ser chamado a filas, e tenta de enganar a Dra. Capitana Trench.

14 Decembro - Ti e mais Eu, Teatro


. Compañia:
."Ti e mais Eu, Teatro", (Ferrol).
. Obra:
"Na outra habitación"
.
Autor: Paloma Pedrero
.
Director: Xulio Vazquez
.
Sinopse: É unha comedia realista, contemporánea e actual que relata en profundidade a situación dunha muller que decide romper coas apariencias sociais substituíndoas por valores máis auténticos, libres e comprometidos.

7 Decembro - Metatese Teatro

. Compañia:
.
"Metatese Teatro",
(Palas de Rei).
.
. Obra:
"Soño de Verán"
.

Autor: Shakespeare (adaptacion).
.
Director: Afonso Garcia.
.
.
Sinopse:
“Soño de Verán, máis ca unha versión libre de A midsummer-night´s dream de William Shakespeare (que tamén o é) é un texto inspirado nesta obra; polo tanto o espectáculo que de Soño de verán resulte non é a montaxe “do” senón un espectáculo teatral “sobre” o citado texto de Shakespeare.
A obra estructúrase en tres mundos que en momentos se tocan e interfiren: o mundo da realidade (representado nun pazo de Atenas); o mundo da fantasía, da imaxinación, do soño... (O bosque durante a noite); e por último atópase o noso mundo, o mundo da realidade do espectador. Este último mundo estará representado por un personaxe moi especial, Alicia, e por suposto, esta tamén terá o seu particular país das marabillas.
En definitiva, este espectáculo é unha especie de homenaxe aos diferentes mundos do teatro, da fantasía, da imaxinación... unha homenaxe ao teatro dentro do teatro e por suposto unha homenaxe a quen fai que o teatro sexa posible, a espectadora ou espectador.