8 Novembro - Candelexas

Compañia:

cANDELEXAS Teatro. (NOIA)
Obra.-

"MELLOR SER CAN, QUE VIVIR COMO UN CAN"
Xenero: Comedia
Autor.- Víctor Vez.
Director.- Víctor Vez.
Duración.- 60 min.
ELENCO: Puri Fernández; Rubén Cobas; Fina Cobas; Puri Vez; Antía A. Vez; Iago A. Vez; Víctor Vez

Sinopse:

Ramiro, un funcionario dunha gran empresa está farto do seu traballo, da sociedade, da publicidade, en definitiva da vida que leva e toma unha decisión: SER un can.
Camiña a catro patas, so se alimenta de penso para cans, e mesmo esixe a súa familia que o saquen ó parque, prendido por un arnés e mexar nos farois.....
O caso é que tan sorprendente decisión acada mais proxección do que a primeira vista parecía,.T é a repercusión mediática da súa "nova vida" que crea unha especie de "relixión", xorden milleiros de seguidores o que xera a preocupación de diferentes personaxes que acoden ó domicilio de Ramiro para convencelo de que depoña súa actitude. O Xefe da súa empresa, o cura da parroquia, Sociedade protectora de animais, mesmo o asunto chega a preocupar ó goberno, que envía un ministro, e ate o tribunal de Estrasburgo. Pero todo é inútil: Ramiro PREFIRE SER CAN A TER QUE VIVIR COMO UN CAN.....