6 novembro – Metatese Teatro


DATA.-Domingo 6, Novembro 2011
HORA:19:00 h.
OBRA:"O pais da auga"
XENERO: Clown
AUTOR: Afonso Garcia Penas
DIRECCIÓN:Afonso Garcia Penas
DURACION: 55 min.
GRUPO: "Metatese Teatro", (Palas de Rei)
Reparto:
-Paula García Vázquez.
-Carlos García Fociños.
-Rubén García Vázquez.
-María Cordeiro García.
-Zeltia Mato Fernández.
-Alexandre Pérez García.
-Paula Busto Rigueiro.
-Cintia García Fociños.
-Óscar Varela Casal.
-Mar Fiúza Sobrado.
-Xosé Manuel Pérez Paredes.
Sinopse:
Espectáculo de creación colectiva que se vertebra en torno a un obxectivo único: a consecución de auga como elemento imprescindible para a supervivencia. A través do xogo, a danza, a poesía, a luz, o audiovisual… xorde O PAÍS DA AUGA, fiel retrato da cotidianidade dunha morea de países onde a auga é un ben escaso e moi valorado.
A auga é un ben moi prezado e hai que coidar dela, aínda que se teña moita non hai que gastala, nin contaminala, para que non existan países como o País da Auga que tanto precisou dela."
Nese espazo móvese unha caterva de pallas@s soñadoras, sensibles, espontáneas e divertidas que fabricarán para o/ a espectador/-a unha historia preñada de fantasía, maxia e, sobre todo, reflexión sobre a necesidade dun consumo responsable dun dos bens máis prezados da humanidade: A AUGA.

30 Octubro - Sal-Monela

DATA.-    Domingo 30, Outubro 2011
HORA:    19:00 h.

OBRA:   “Mar de fondo” (las reglas del genero)

XENERO:  Intriga
AUTOR:     Rodolf Sirera Turó
DIRECCIÓN:    Modesto Gomez
DURACION:   1h, 45 min.

GRUPO:“Sal-Monela”,  (Coruña)

Reparto:
ISABEL, escritora popular …María José Insua
PILAR, su hermana….  Cristina Freire
ESPERANZA, hija de Isabel y Pablo…Raquel Silveira
PABLO, marido de Isabel…Modesto Gómez
JACOBO ROBERT, medico…Ramón Abeledo

Sinopse:
Isabel, de profesión escritora de novelas comerciais, decide cambiar de vida e opta por iniciar unha nova sin estar suxeita a tantas convencions. Por esta razón, reúne na súa casa a toda a familia, pois teme que o xiro que imprimirá a súa vida lles afecte negativamente. Ponse en marcha,  unha intriga que revela unhas particulares relacións familiares e unhas personaxes melodramáticas que se moven nunha casa chea de sospeitososos e cadáveres.

23 Outubro - Airiños


DATA.- Domingo 23, Outubro 2011
HORA: 19:00 h.
OBRA:"Ata que a morte nos separe!"
XENERO: Farsa
AUTOR: Baseada na farsa "4 corazones con freno y marcha atrás", de Enrique Jardiel Poncela. (Versión de Esther F. Carrodeguas)
DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas
DURACION: 90 min.
GRUPO:"Airiños", (Rianxo)
Reparto:
Emilio - Pepe Collazo
Catalina - Mucha Ordóñez
Juana - Merchi Pimentel
Adela - Tareixa Gey
Luisa - Ramona Golias
María - Raquel Lodeiros Pimentel
Xosé - Segis Zúñiga
Bermúdez - Paco Carnota
Valentina - Mari Santos
Hortensia - Graciela Muñiz Teijeiro
Taboada - Tino Miranda
Ricardo - Saro Varela
Productor TV - Xián Iglesias
Productor TV - Álvaro Ordóñez Iglesias
Heliodoro - Bautista O Quinto
Elisa - Ánxela Silva
Margarita - Patricia Carnota PérezFlorencia - Lupe MazariegosFederico - Pepe RodríguezFernando - Javi GeyGuinnes - Xesús Santos

Sinopse:
Na casa do Señorito Ricardo está todo en revolución. As criadas voan dun lado a outro, rezan o rosario, traen auga, van a por tila, danlle ao abano. Non falta de nada... agás os cartos. Mais esta mesma mañá veu por fin verificada a apertura do testamento dun tío millonario. Porén, o señorito pechouse na habitación entre laios e bágoas e ninguén sabe o que pasa. Tanto menos Emilio, carteiro de profesión e que está na casa so para entregar un paquete. Mais non so de bágoas vive esta comedia, xa que o señorito, por veces, bota a rir. Algo terá que ver un antigo amigo e doutor estrafalario que parece ter inventado algunha das súas trangalladas para vivir mellor. Qué terá inventado desta vez? Cantos tipos de mosquitos poden habitar nunha illa deserta? Qué lonxitude teñen as pernas máis longas do mundo? Cómese a sopa coa culler ou co garfo? A estas e outras interesantes preguntas responde esta hilarante farsa de Enrique Jardiel Poncela que nos levará de regreso ao pasado, ao presente e ao futuro.

16 Outubro – E.M.T. Laxe


OBRA:"Fillas da néboa"
XENERO: Traxicomedia
AUTOR: Creación colectiva
DIRECCIÓN: Afonso García
DURACION: 60 min.
GRUPO:"E.M.T. de Laxe", (Laxe)
Reparto:
Antía Sacedón Costa.
Juan Mouzo Pose.
Ana Ramos Lavandeira.
Marisa Vigo Candal.
Soledad Lema Lema.
Pablo Ordóñez Santos.
María Sacedón Cundíns.
María del Carmen Castro Senande.
Valeria Cagigao Castro.
Nerea Martínez Castro.
Candela Martínez Castro.
Sinopse:
FILLAS DA NÉBOA mergulla ao público nun heteroxéneo universo de situacións cun elevado grao de realismo e humor. Ao longo desta divertida historia o espectador transitará por diversas sensacións que provocarán o sorriso e a reflexión. A través dun xogo teatral, que insire ao espectador na maxia do acto literario, formúlanse preguntas sobre numerosos temas de actualidade:
-O complexo universo das relación humanas (coa parella; coas nais – pais – fill@s; no traballo, no tempo de ocio) e as consecuencias destas na personalidade do ser humano.
-A timidez, o retraemento e a pusilanimidade como atrancos que impiden desenvolver plenamente a personalidade.
- As actitudes machistas que aínda predominan en diversos sectores da sociedade.
- A ledicia, a fantasía e a maxia como instrumentos que permiten superar os desequilibrios emocionais, discapacidades e conflitos de personalidade.
-As diferentes disciplinas artísticas (pintura, escultura, literatura) como fontes de pracer e superación.
-A influencia dos medios de comunicación na nosa sociedade.
-A relevancia da educación no ser humano para acadar a verdadeira liberdade.
-O respecto ao medioambiente.
    Todo estes temas serán tratados polas actrices e actores da compañía desde unha perspectiva cómica que amosan unha concepción do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, sentimento, poesía.

9 Outubro Candelexas


DATA.-Domingo 9, Outubro 2011
HORA:19:00 h.
OBRA:"En busca da chacha perdida"
XENERO:Comedia
AUTOR: Guión: Víctor Vez
DIRECCIÓN:Víctor Vez
DURACION: 95 min.
GRUPO: "Candelexas Teatro", (Noia)
Reparto:
MARTA………..Puri Fernández
XULIO NOGUEIRA …….Víctor Vez
Srtª GARCÍA……… Puri Vez
ANGUSTIAS……….Rosamaría Hermo
MANUELA……….Lucía Vázquez
SOFÍA……….Gabriela Martínez
VENANCIA……….Rosamaría Hermo
FLORA ……….Lucía Vázquez
AICHA ……….Gabriela Martínez
JONATHAN ……….Iago A. Vez
XONXA……….Antía A. Vez
Fräulein HELGA ……….Mariló Vélez
Miss EVELYN……….Puri Vez
DѪ VICTORIA EUGENIA DE AGUILAR ……..Mariló Vélez
Sinopse:
Un matrimonio de xubilados "relata" as penurias que pasaron perante corenta anos para encontrar a empregada do fogar ideal.
Polo domicilio conxugal van pasando diferentes personaxes o que da lugar as mais variadas e divertidas escenas: A perfeccionista, a"besta" enganchada a certos programas de televisión, a inmigrante reivindicativa….
Mesmo chegaron a recorrer á colaboración da sogra cando nace o primeiro fillo, pero a relación sogra xenro non era a mais cordial posible.
Cando xa os dous fillos que tiveron, foron medrando decidiron contratar estranxeiras "au pair", para que os rapaces aprenderan idiomas, pero tampouco foi unha decisión moi acertada que digamos. Os rapaces no so aprendían idiomas……
Ao cabo a solución estaba na casa, pero tardaron corenta anos de descubrilo.
Situacións cargadas de ironía que, ao mesmo tempo que provocan verdadeiras gargalladas, dan lugar a unha aceda critica social de tipos e personaxes moi frecuentes na nosa sociedade.