13 Maio - Novaescena Teatro

Domingo 13 deMaio
As sete da tarde
Centro Civico de Caranza, (Ferrol).

 
 
“Pensión 13”  de Xoán C. Laxe.
“Pensión 13”  é unha comedia negra onde as biografías dos protagonistas van tecendo unha reflexión sobre as motivacións daquelas persoas invisíbeis ás que adoitamos chamar marxinados.  
O autor basea os diversos monólogos en situacións reais, abrindo un espazo a reflexión sobre un grande  número de realidades sociais actuais.
 
 SINOPSE:
Unha pensión barata é o crisol onde se fusionan as peculiaridades dunha decena de persoas xunguidas pola súa soidade. Entre eles: un enorme baleiro que ás veces é enganado pola ilusión de compartir un prato de comida e un teito. 
 
Ficha artística:
Hugo Álvarez: Mbo;
André Castelos: Narciso;
Marcos Codesal: Paca de San Roque;
Chelo Trinidad: Dona Concha;
Encarnación Vázquez: Dona Odila;
Elena García: Luz;
María Márquez/María Botana: Marisol;
Rocío Polín: Magdalena;
Pilar Estar: Kyrill Pavlovich;
Randy Montero: Reberto.

Ningún comentario: